Johan Lange

Infotaula de personaJohan Lange

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1818 Editar o valor em Wikidata
Fredericia, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1898 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , profesor universitario , explorador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRoyal Veterinary and Agricultural University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua latina e lingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLange Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAgnete Skovgaard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Johan Martin Christian Lange (Johan Lange) nado o 20 de marzo de 1818 e finado o 3 de abril de 1898, foi un botánico, pteridólogo, micólogo, briólogo e algólogo dinamarqués.

Obtivo o posto de bibliotecario na "Biblioteca Botánica" da Universidade de Copenhague de 1851 a 1858, e Director do Xardín botánico de 1856 a 1876, docente de Botánica na Universidade Técnica Danesa de 1857 a 1862, e o mesmo no Colexio Real de Veterinaria e Agricultura de 1858 a 1893, chegando a profesor titular en 1892.

Comeza editando a súa Flora Danica en 1858, e foi o seu último editor con Japetus Steenstrup, Logo de finalizada a publicación de Flora Danica, edita Nomenclator Floræ Danicæ en 1887 - un volume indexando todas as pranchas de Flora Danica alfabética, sistemática e cronoloxicamente.

Explora moito Europa, completando extensivos estudos da flora de Dinamarca, Groenlandia e outras áreas europeas, especialmente a Península Ibérica, publicando "Willkomm & Lange": Prodromus Florae Hispanicae, 1861-80, e Prodromus Florae Hispanicae, coautor con Heinrich Moritz Willkomm. Os datos relativos á flora galega que se recollen no texto débense, practicamente en exclusiva, aos exemplares herborizados por Lange na súa viaxe en 1852, mantendo contacto con Miguel Colmeiro.[1] e tendo consultado o herbario de Pedro Andrés Pourret.

Expande a clasificación desenvolvida por Linneo, escribindo Plantenavne og navngivningsregler ("Nomes de Plantas e regras para nomealas") que influencia no desenvolvemento do Código Internacional de Nomenclatura Botánica (código San Luís), o sistema hoxe en uso.

Charles Darwin pediulle prestado un libro a Lange, e falla en retornarllo en tempo, como o menciona Darwin na súa correspondencia.[2]

  1. "Heinrich Moritz Willkomm. O botánico máis importante da historia da Botánica na Península Ibérica". Consello da Cultura. Consultado o 21-1-2021. 
  2. "The Darwin Correspondence Online Database"

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy